CORO INTERPARROQUIAL

“Qui cantan bis orat”
(quen canta reza dúas veces)

O coro interparroquial comeza a súa andaina no Nadal do ano 2009. A primeira canción que ensaiamos foi unha Panxoliña:

♫“Abre as portas Xesús, levántate xa,
que estamos a xeada, queremos entrar...”♫ 
 
Hoxe temos un repertorio moi amplo, pero daquela… Sabiamos moi pouquiñas cancións, e cada un o seu xeito. Que bonito comezo! Non hai nada máis gratificante na vida que o poderse superar cada día aprendendo cousas novas, e esta vez tocáballe ó lado musical. Os comezos foron duros, era inverno, as voces estaban desacostumadas ao canto e non sabiamos se aquela iniciativa tería futuro. Que gran reto!

Xa van case cinco anos, e aquel grupo de persoas cunha certa inquietude musical, hoxe comparten e animan coas súas voces, as diversas celebracións ao longo do ano. Todas as semanas nos ensaios preparamos os cantos para a celebración eucarística do domingo seguinte na Igrexa de Oural ás 12:45'h. E ademais, se nesa semana se celebra algunha festa nas parroquias que forman parte do Centro Interparroquial, tamén preparamos ese evento. Realmente pasámolo ben! Para nós, cada celebración dominical e cada acontecemento festivo, é algo moi importante, queremos que lle guste a todo o mundo e que sintan gañas de participar, que cante todo o mundo! E como xa escribira San Agustín:

 
"Pois aquel que canta loanzas, non só gaba,
senón que tamén gaba con alegría;
aquel que canta loanzas, non só canta,
 senón que tamén ama a quen lle canta.
 Na loanza hai unha proclamación de recoñecemento,
 na canción do amante hai amor... " 
 
Queremos darlle as grazas a todas as persoas que nos felicitan pola nosa participación nas Eucaristías, e tamén a aqueles que nos escoitan en silencio e non din nada, porque sabemos que nos seguen en cada celebración. Gustaríanos que o coro interparroquial fósemos todos os fregueses que formamos parte do Centro Interparroquial do Oural, para que todos rezásemos cunha soa voz e puidésemos expresar os nosos sentimentos a través das cancións. Así que xa saben, están todos invitados a participar. 

ENSAIOS  
LUGAR:   IGREXA DE OURAL
DÍA:    OS MÉRCORES
HORARIO:  de  22:00’h a 23:00’h




 


VISITA POLAS TORRES DA SANTA BASÍLICA CATEDRAL DE LUGO-O NOSO PASEO POLAS NUBES
Ainda que todos os pronósticos metereolóxicos apuntaban a que a visita non se podería realizar, e para sorpresa de todos nós, tivemos un día moi, pero que moi soleado. Realmente pasamos moita calor, pero mereu a pena! Queremos agradecerlle o noso Señor Bispo, Don Alfonso, que nos recibise na súa casa, sempre é un pracer poder saudalo é conversar un anaco con el. Moitas grazas, tamén, a Don Cesar, o noso guía "polas nubes", e a pesar das moitas escaleiras que tivemos que subir e baixar, queremos felicítalo porque foi moi levadeira. E xa para rematar e non esquecernos de ningúen, moitas grazas a todos os que fixéstes posible esta visita.







O día 28 de Xuño do ano pasado foi a Primeira Comuñón de Paula. O Coro Interparroquial estivo presente nese gran acontecemento, e agora que temos as fotos non perdemos a ocasión de ensinarllas a todo o mundo .
Que quen é Paula? Pois, esta nena tan guapa é a neta de Pilar, unha das compañentes do Coro Interparroquial. Agardemos que o novo ano nos traia a todos  momentos tan felices coma este.

Comentarios

Entradas populares