PARROQUIAS
Estimados
fregueses ,
Comezamos un ano
cheo de novos proxectos e ilusións, e a miña esperanza, ó igual que a vosa, é
de que todo saia ben. Levar a cabo un obxectivo supón superar os obstáculos que
se van presentando no camiño, pero con esforzo e boa vontade faremos fronte as
circunstancias que a realidade nos presenta.
Durante varios
anos, fun adaptando a miña forma de traballo á realidade que foi xurdindo nas
miñas parroquias. Todos os que queredes cultivar a vosa fe, atopástesvos con
que na parroquia a cal pertencedes cada vez é moito menor a miña presenza, e a
maioría de vós gustaríavos seguir as celebracións como antano.
Cada día somos
menos curas para atender as 1.139 parroquias da Diocese de Lugo. Con isto quero
dicir que a nosa presenza vai ir diminuíndo co paso do tempo, polo tanto, o
traballo terá que ser repartido e compartido. Eu hoxe estou atendendo ós
fregueses de 17 parroquias, pero sempre
aberto o que se poda presentar nun futuro inmediato. O meu desexo e que todos teñades
a posibilidade de seguir alimentando e cultivando a vosa fe.
O calendario que
veño ofrecendo ó principio de cada ano, para informar das distintas
celebracións e actividades, ten unha finalidade, cada un de vós pode saber
onde, cando, e que fago nas distintas parroquias.
Ser
dunha parroquia ou outra é indiferente á hora de asistir a unha celebración da
eucaristía, a oración do cristián debe ser compartida e comunitaria. O que se achega
a participar noutra parroquia debe sentirse acollido coma na súa propia. No
evanxeo dinos Xesús: “onde se reúnan dous
ou máis no seu Nome, alí está El presente”.
Un saúdo
Julio Fernández Doval
POBOACIÓN DAS PARROQUIAS DO CENTRO INTERPARROQUIAL DE OURAL
Comentarios
Publicar un comentario